Últimas noticias

04/02/2013

MODIFICACIÓN DE LA LEY DE RESPONSABILIDAD AMBIENTAL

El plazo de información pública termina el 11 de febrero

...

25/01/2013

EL CONSEJO DE MINISTROS MODIFICA LA LEY DE PREVENCIÓN Y CONTROL INTEGRADOS DE LA CONTAMINACIÓN

La nueva regulación afecta a más de 6000 instalaciones industriales. ...

10/01/2013

GESTIÓN INTEGRAL DEL AGUA

SOLPROGA aporta soluciones para la gestión eficiente del agua. ...

09/01/2013

APROVECHAMIENTO DE LA BIOMASA COMO FUENTE DE ENERGÍA

SOLPROGA analiza, diseña e instala sistemas de aprovechamiento de la biomasa.

...

03/09/2012

SOLPROGA COLABORA EN LA GESTIÓN EFICIENTE DEL AGUA

Ante la prolongada situación de sequía provocada por la ausencia de lluvias, SOLPROGA recomienda ...

19/05/2012

AUTODIAGNÓSTICO AMBIENTAL

Se encuentra abierto el plazo para la presentación ...

12/04/2012

LOS SOCIOS DE ASFAVENT SERÁN ASESORADOS POR SOLPROGA

La Asociación ASFAVENT y SOLPROGA firman un convenio de colaboración.

...

25/02/2012

GESTIÓN ENERGETICA COMO NICHO DE EMPLEO

Tendrá lugar el próximo lunes 5 de marzo en Santiago de Compostela. ...

13/12/2011

SUBVENCIONES PARA ENERGÍAS RENOVABLES

Convocatoria abierta hasta 27de enero de 2012

...

Noticias

Fecha de la noticia: 17/12/2009



A ÁREA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA DO CONCELLO DE SANTIAGO RECIBE O CERTIFICADO DE CALIDADE


 

  • Nas súas instalacións, a Concellaría de Promoción Económica e Emprego imparte clases de formación ocupacional e formación contínua.
  • Os Certificados de Calidade garanten a prestación dun servizo baseado en criterios de eficiencia e eficacia e que responde ás necesidades das persoas usuarias.

 

O Centro de Formación Ocupacional de Sanxuás de Aríns conta, desde hoxe, co Certificado de Calidade UNE-EN-ISO 9001:2008. A certificación recolleuna o Concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, o nacionalista Xosé Manuel Iglesias de mans de Ignacio Martínez, Xerente de EQA (European Quality Assurance); durante un acto no Pazo de Raxoi ao que asistiron unhas trinta persoas, entre elas Javier López, Delegado en Galicia de EQA. Na implantación deste sistema de xestión de calidade tamén colaborou a consultora SOLPROGA.  

 

Este recoñecemento ao Centro de Sanxuás de Aríns garante o factor de calidade aplicado á formación, entendida como un produto adaptado ás necesidades do alumando e, ao mesmo tempo, evalúa a prestación dun servizo con criterios de eficiencia e eficacia, tanto no seu desenvolvemento como na súa xestión. Aplicar o concepto de calidade a unha Administración Pública siñifica introducir modelos de xestión modernos orientados á cidadanía como destinataria dun servicios adecuados as súas necesidades, compatibilizando a eficacia no cumprimento dos obxectivos coa eficiencia na prestación dos recursos públicos. O proceso afecta a estrutura da entidade, aos procedementos que se aplican, aos programas ou accións que se executan e aos recursos humanos, económicos e técnicos cos que conta. Cando unha entidade acreditada expide un Certificado de Calidade, está garantindo a efectividade de cada un destes procesos, e un control períodico para que se sigan prestando e realizando con total garantía e respondendo ás necesidades das persoas usuarias.  

 

Centro de Formación Ocupacional de Sanxuás de Aríns

 

No Centro de Formación Ocupacional de Sanxuás de Aríns a Concellaría de Promoción Económica e Emprego imparte clases de formación ocupacional (destinada preferentemente a persoas desempregadas) e formación contínua (destinada preferentemente a persoas ocupadas). As especialidades que se desenvolven, todas elas con alta demanda laboral por considerarse novos xacementos de emprego, están homologadas pola Xunta de Galicia.

 

No ano 2006 ampliáronse as instalacións en 300 metros cadrados, pasando de 1.300 a 1.600, o que permitiu incrementar o espazo para a docencia. So en 2009 desenvolvéronse no Centro de Formación Ocupacional de Sanxuás de Aríns 18 cursos, cun total de 270 prazas, que sumaron un total de 4.244 horas lectivas. Estas especialidades pertencían a tres programas distintos:

  • Formación para o emprego: impartíronse cinco especialidades, cun total de 75 prazas e 3.245 horas lectivas. Foron: Electricista de Edificios, Instalador de sistemas de enerxías solar térmica, Fontanería, Ferrallista, e Instalador de gas.
  • Persoa IV: impartiuse o curso Reparación, mantemente e adaptación de edificios e vivendas para maiores e dependentes, pertencente ao programa de inserción laboral Persoa IV. Destinado a 15 persoas, contou con 665 horas lectivas.
  •  
  • Plan de Formación 2009: impartíronse 12 cursos pertencentes ao sector da construción, co obxecto de mellorar a cualificación das persoas desempregadas ou que traballaran nesta actividade. Seleccionados polas propias empresas, foron cursos moi específicos sobre novos procedementos e tecnoloxías aplicables á construción; e centrados naqueles subsectores que na actual conxuntura económica ten maior probabilidade de xerar contratacións. Ofertaron un total de 180 prazas, que summron 334 horas lectivas. Foron Análise de proxectos de enerxías renovables, Talla en canteiría, Operador/a de maquinaria de obras públicas, Enerxía solar fotovoltaica, Operador/a de carretillas elevadoras e dumper, Reformas e mantemento de edificios, Fontanería, Autocad, Calefacción de edificios con biomasa, Deseño de sistemas de aire acondicionado, Ofimática básica para a construción e Eficiencia enerxética en vivendas unifamiliares.

 

Estes cursos están enmarcados no Pacto Local polo Emprego de Santiago de Compostela, que a Concellaría de Promoción Económica e Emprego asinou o 1 de abril con outras seis entidades vinculadas ao mercado laboral. O PLE é o marco operativo das políticas de emprego e promoción económica desenvolvidas pola Concello de Santiago ata o ano 2011, é ten como finalidade reducir as taxas de desemprego a través da creación de emprego de calidade en coordinación cos axentes económicos e sociais vinculados ao desenvolvemento do mercado laboral en Compostela.

 

Solproga 2007