Últimas noticias

04/02/2013

MODIFICACIÓN DE LA LEY DE RESPONSABILIDAD AMBIENTAL

El plazo de información pública termina el 11 de febrero

...

25/01/2013

EL CONSEJO DE MINISTROS MODIFICA LA LEY DE PREVENCIÓN Y CONTROL INTEGRADOS DE LA CONTAMINACIÓN

La nueva regulación afecta a más de 6000 instalaciones industriales. ...

10/01/2013

GESTIÓN INTEGRAL DEL AGUA

SOLPROGA aporta soluciones para la gestión eficiente del agua. ...

09/01/2013

APROVECHAMIENTO DE LA BIOMASA COMO FUENTE DE ENERGÍA

SOLPROGA analiza, diseña e instala sistemas de aprovechamiento de la biomasa.

...

03/09/2012

SOLPROGA COLABORA EN LA GESTIÓN EFICIENTE DEL AGUA

Ante la prolongada situación de sequía provocada por la ausencia de lluvias, SOLPROGA recomienda ...

19/05/2012

AUTODIAGNÓSTICO AMBIENTAL

Se encuentra abierto el plazo para la presentación ...

12/04/2012

LOS SOCIOS DE ASFAVENT SERÁN ASESORADOS POR SOLPROGA

La Asociación ASFAVENT y SOLPROGA firman un convenio de colaboración.

...

25/02/2012

GESTIÓN ENERGETICA COMO NICHO DE EMPLEO

Tendrá lugar el próximo lunes 5 de marzo en Santiago de Compostela. ...

13/12/2011

SUBVENCIONES PARA ENERGÍAS RENOVABLES

Convocatoria abierta hasta 27de enero de 2012

...

Noticias

Fecha de la noticia: 12/08/2010



FEIRA EMPREGO SANTIAGO DE COMPOSTELA


 

O 7 e 8 de outubro celébrase a I Feira do Emprego de Santiago de Compostela no CERSIA, o Centro de Recursos e Servizos Ingregrais de Apoio á Empresa, situado en San Lázaro. A súa finalidade é servir de punto de encontro entre as empresas ofertantes de emprego e as persoas demandantes de postos de traballo. Preténdese así posibilitar un intercambio de información, contribuir a un mellor coñecemento do mercado laboral por parte de todos os axentes implicados e, en definitiva, facilitar os procesos de inserción laboral. Para a consecución destes obxectivos:

  • Facilitarase o contacto entre empregadores/as e demandantes de emprego.
  • Transmitirase información sobre os perfís e competencias profesionais con máis demanda no mercado.
  • Proporcionarase asesoramento sobre os procesos de búsqueda de emprego.
  • Difundiranse ofertas de emprego.
  • Facilitaranse os procesos de selección en base a un traballo previo de intermediación laboral.
  • Informarase sobre as axudas á contratación, especialmente daqueles colectivos con maiores dificultades de inserción.
  • Crearanse liñas de actuación conxuntas entre empresas e entidades comprometidas co fomento do emprego.

Enmarcada no Pacto Local polo Emprego de Santiago de Compostela (PALE), a I Feira do Emprego está organizada pola Concellaría de Promoción Económica e Emprego, e conta coa colaboración das entidades que integran o PALE. A feira está dirixida a persoas desempregadas ou que procuren unha mellora do emprego, residentes en Santiago de Compostela, e a empresas que precisen incorporar persoal. As persoas e entidades interesadas en participar, poden informarse e inscribirse no espazo web da feira www.feiradoempregosantiago.org. A participación é gratuíta.

Área de demandantes

As persoas desempregadas ou que busquen mellorar as súas expectativas laborais poden inscribirse na I Feira do Emprego cumprimentando o formulario que atoparán en www.feiradoempregosantiago.org, no apartado Área de demandantes. Pídense datos como nome e apelidos, teléfono, correo electrónico, situación laboral, ocupacións nas que lle gustaría traballar e currículum.

Estes datos serán filtrados e cotexados coas demandas das empresas (sempre seguindo a normativa vixente de confidencialidade) por persoal do Servizo de Intermediación Laboral, pertencente á organización, que seleccionará as ofertas de emprego que máis se adecúen ao perfil da/o solicitante. Nas dúas semanas previas á I Feira de Emprego, a organización porase en contacto coas persoas interesadas para indicarlles a data e hora da/s entrevista/s concertada/s coas empresas ofertantes.

Área de empresas

O obxectivo da I Feira de Emprego é facilitarlle ás empresas candidatos axeitados aos perfís que demandan. A participación é gratuita e garante a comodidade, axilidade e eficacia dos procesos de selección. Durante a feira, a empresa e/ou entidade terá á súa disposición:

  • Stand amoblado no que expor información como actividades, programas de emprego e prácticas.
  • Espazo acondicionado para a realización de entrevistas individuais cos/coas candidatos/as preseleccionados/as.
  • Presentación e publicidade da empresa nas xornadas, na páxina web da I Feira do Emprego e en todos os documentos promocionais.
  • Secretaría técnica da organización da feira que se encargará da loxística, asesoramento e atención á empresa.
  • Servizo de intermediación laboral que realizará a preselección de candidatos/as atendendo aos perfís e competencias profesionais que requira a empresa.

As empresas interesadas en participar, poden incribirse cumprimentando o formulario que atoparán en www.feiradoempregosantiago.org, no apartado Área de empresas. Pídense datos como nome da empresa e/ou entidade, nome e apelidos da persoa encargada da tramitación, cargo, teléfono, correo electrónico e postos solicitados. Unha vez enviado o formulario, a organización contactará coa empresa para concretar os detalles do proceso.

Actividades

A I Feira do Emprego contará cunha zona de empresas, na que se colocarán os stands das empresas participantes; unha zona para as presentacións das súas actividades e/ou produtos; e unha zona para conferencias, mesas redondas e obradoiros, na que está previsto abordar aspectos como as novas tecnoloxías e as redes sociais na búsqueda de emprego, competencias clave para desenvolvemento profesional, a responsabilidade social empresarial, sectores extratéxicos a nivel local para o fomento do emprego, etc. Ademais, durante a feira, a cidadanía e as empresas poderán coñecer o Servizo de intermediación laboral e o Servizo de orientación laboral que dende hai tempo ofrece a Concellaría de Promoción Económica e Emprego.

 

Solproga 2007